Filología Gallega


Novela e a súa evolución histórica


  • O concepto de novela e a súa evolución histórica

  • A épica e a narración. Orixes da novela*

  • Narración e épica son dous termos que proveñen do grego ððð (palabra). As primeiras manifestacións épicas atopámolas na Ilíada e Odisea, así coma nas historias relatadas polos aedos. En Roma aparecería nos prólogos unha pequena reflexión sobre o que escriben e xurde a necesidade de recoñecer a autoría.

    Cómpre dicir que a épica non só se deu en Occidente, tamén a podemos atopar no Gilgamesh ou nas lendas de Mahabaratah.

  • A novela grecorromana

  • Novela como termo aparece no século XIX, até entón denominábase historia ( O satiricón de Petronio, O asno de ouro de Apuleio, Metamorfose de Ovidio...).

    A novela nace na Época Helenística, tendo pouca consideración e sendo unha mestura de:

  • Historiografía: está escrita en prosa.

  • Comedia: toma dela a temática amorosa.

  • Segundo BAJTIN, a novela helenística pode ser de varios tipos:

    • De aventuras ou da proba: o argumento adoita ser a historia de dous amantes que se separan e despois de diversas dificultades vólvense xuntar. Tamén se chama de proba porque é frecuente que o pai da moza poña a proba ao seu amado.

    • De costumes: contan historias da vida cotiá ou pública. Exemplos: O satiricón de Petronio ou O asno de ouro de Apuleio.

    • Confesións: é a novela autobiográfica. Exemplo: Fedón de Platón.

  • A narrativa na tradición medieval e no ciclo clasicista

  • Na Idade Media a narrativa considérase un fermoso mentir e destacan as exempla ( fábulas). Amais das novelas mouriscas, pastorís etc. destacan tres ciclos na prosa medieval:

    • Ciclo bretón: materia de Bretaña.

    • Ciclo clásico: guerra de Troia.

    • Ciclo carolinxio: milagres xacobeos.

    A ficcionalidade desenvolverase moito a partir do Quixote, unha novela metaficcional a partir da cal se comeza a distinguir entre romance e novela:

    Romance ( do lat. romanice)

    Novela ( do lat. nouus)

    Francés

    Roman

    Nouvelle

    Portugués

    Romance

    Novela

    Italiano

    Romanzo

    Novella

    Castelán

    Romance ( restrinxiuse o termo de xeito que só designa unha composición poética)

    Novela

  • A narrativa na Ilustración e no Romanticismo

  • O auxe da burguesía reflíctese tamén na narrativa da época, que intenta amosar a complexidade da vida, como é o caso do Werther de Goethe.

    Os prerrománticos consideraban que ler novelas era prexudicial e un entretemento vulgar.

    Os románticos, pola súa banda, valoran a novela por ser un xénero proteico, dentro do cal poden entrar cousas moi diversas, dándolle así liberdade ao creador, o xenio romántico. Nesta época aparecerán xéneros coma o drama romántico ou a novela gótica, mais será a novela histórica a que máis abunde.

  • A narrativa na segunda metade do século XIX e na primeira metade do século XX

  • Nesta etapa destaca, por unha banda, a aparición do naturalismo ( E. Zola) e, por outra, a creación dos reflectors da man de Henry James. Estes son personaxes que narran eles mesmos as súas sensacións (Niebla de Unamuno).

  • A novela contemporánea. Aproximación teórica

  • É unha novela postmoderna que se enfronta a narrativas con argumentos xa moi empregados anteriormente. Existen formas coma as mininarrativas (combinan música, cinema...). Segundo MIJAÍL BAJTIN existe un tipo de novela no que os personaxes dialogan continuamente, é a chamada novela polifónica que este autor atribúe a Dostoievski.

  • Outras formas narrativas

  • Epopea, mito, saga, lenda, xesta, milagre, exemplum, apólogo...

  • Novela e novela curta

  • O conto. Conto literario e conto popular

  • Do conto folclórico, analizado por Propp, nace o conto literario, cuxo principal mestre foi EDGARD ALLAN POE. Imos ver que trazos destacan diferentes teóricos na caracterización do conto respecto da novela:

  • Horacio Quiroga ( “ Decálogo del perfecto cuentista”)

    • Seguimento dos modelos de Poe, Maupassant, Kipling, Chekhov...

    • Estrutura:

      • Importancia da premeditación do autor.

      • As claves do conto deben estar no principio e no final.

      • Brevidade e intensidade: economía lingüística.

    • Personaxes:

      • Brevidade na súa caracterización.

      • Orientalos cara o final omitindo o que non sexa indispensábel.

    • O autor debe escribir con asepsia, atendendo só a o mundo interno ficcional.

  • Rafael Dieste ( “ Limiar” de Dos arquivos do trasno)

  • As características principais que para Dieste debe ter o conto, segundo Anxo Tarrío relacionadas coa teoría de Poe, son:

    • Importancia dun núcleo arredor do cal xiren os demais elementos (personaxes, narrador, tempo, espazo...).

    • O final coma a parte máis importante.

  • Julio Cortázar ( “ Algunos aspectos del cuento”)

    • Os elementos fundamentais do conto son:

      • Intensidade.

      • Tensión.

      • Significación.

    • A súa condensación faino semellante á fotografía.

    • Preocúpase moito pola situación do emisor e o receptor, por iso Pozuelo Yvancos di que destaca a parte pragmática.

    • Relaciona o conto coa poesía, igual ca Emilia Pardo Bazán.

  • Méndez Ferrín

    • Semellanza coa fotografía (metáfora do flash).

    • O conto coma un xénero autónomo.

    • Importancia do final, que debe darlle sentido ao anterior e ser moi condensado.

    • Concepción poética do conto (simultaneidade).

  • Kurt Sapang (1993)

    • Existencia dun núcleo arredor do que xiran os demais elementos e que se comeza narrando sen ningunha introdución (in medias res)

    • Final xeralmente aberto.

    • Condensación e síntese: acción única, espazo e tempo reducidos, importancia da trama (débese prescindir de diálogos que non aportan datos transcendentes e descricións).

    • Importancia do título.

  • Edelweiss Serra (1978)

    • Comezo in medias res

    • O conto crea un mundo ficcional finito, mentres que o da novela é infinito.

  • Helmut Bonheim

    • A reducida extensión do conto trae consigo a redución de:

      • Personaxes (tipos)

      • Tempo (sumario, elipse)

      • Espazo

      • Acción (orde lineal)

        • O MICRORRELATO

    Aparece na sociedade actual respondendo á necesidade do consumo de fast culture. Ten importancia nos Estados Unidos (Short Short Story) e en América Latina (Augusto Monterroso).

    Entre os seus creadores podemos nomear a Max Aub, María do Cebreiro Rábade Villar, Jaureguizar...

    En canto ás súas características podemos dicir que son:

    • Concisión extrema.

    • É un xénero híbrido.

    • Aproxímase á poesía.

    • Importancia do título.

    • Importancia do comezo e do final.

    * Até o punto 2.3. non comeza o que entra no exame.




    Descargar
    Enviado por:El remitente no desea revelar su nombre
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar